Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Desenvolvemento Comunitario
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Asistencia e participación nas actividades de aula 60 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C9
D1
D3
D5
Seminario Participación activa, autónoma e recíproca na profundización dos temas propostos 10 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C9
D1
D3
D5
Saídas de estudo Realización da saída e posterior reflexión sobre a mesma. De non poder realizarse esta actividade, realizaranse actividades complementarias na aula 10 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C9
D1
D3
D5
Traballo tutelado Realización de traballos ou proxectos feitos autonomamente, baixo a orientación das docentes. 20 C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C9
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

- As actividades non superadas na 1ª convocatoria poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións nas probas/actividades superadas.O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá unha/s proba/s de avaliación, ao redor dos contidos nucleares da materia, coa data tope que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba de avaliación suporá o 100% da puntuación e os seus pormenores e características serán concretadas polo profesorado ao alumnado o día da presentación da materia e cando se faga a consulta persoalmente. Asimesmo o tipo de proba/s figurará/n en Moovi, nas respectivas materias, nunha carpeta baixo a denominación “Alumnado non asistente”, na que se presentarán os detalles da/s mesma/s, concretando tamén onde terá que realizar a entrega o estudantado. As datas dos exames oficial poden consultarse na web do mestrado: http://www.masterdiversidade.com/index.php.También podéis consultar no seguinte enlace a Memoria Verfica desde título na que atoparedes a ficha da vosa materia.http://educacion-ou.webs.uvigo.es/seguimento/mdiversidade/

- En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)

- Para as materias que forman parte do curso ponte, debería incluirse unha referencia específica para ter en consideración a especificidade e experiencia profesional deste colectivo: “Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio”.

Recomendacións:

Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000