Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Interculturalismo en Contextos Escolares
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Participación nas actividades de aula (ata 3 puntos)
Valoración das actividades prácticas e tuteladas, así como do portafolio das mesmas (ata 6 puntos).
Asistencia á actividade de módulo e debate (ata 1 punto)
100 B5
C1
C8
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As actividades titorizadas realizaranse en pequenos grupos, cun máximo de 4 persoas

As actividades non superadas na 1ª convocatoria poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas.

O alumnado que por motivo xustificado non poida asistir a todas as sesións presenciais contará con actividades alternativas para recuperar cada unha delas. A avaliación continua require asistir polo menos ao 75% das clases.

O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá unha/s proba/s de avaliación, ao redor dos contidos nucleares da materia, coa data tope que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba de avaliación suporá o 100% da puntuación e os seus pormenores e características serán concretadas polo profesorado ao alumnado o día da presentación da materia e cando se faga a consulta persoalmente.

Así mesmo o tipo de proba/s figurará/n en Moovi, nas respectivas materias, nunha carpeta baixo a denominación “Alumnado non asistente” , na que se presentarán os detalles da/s mesma/s, concretando tamén onde terá que realizar a entrega o alumnado.

As datas dos exames oficiais poden consultarse na web do mestrado.

En coherencia co
carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social,
esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio
educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000