Sinale C
|
Código |
Habilidades |
|
C1 |
Dotar os estudantes da formación e instrumentos necesarios para o desempeño competente de actividades de carácter profesional vinculadas á creatividade publicitaria. |
|
C2 |
Formar profesionais capacitados para desenvolver unha actividade que lles permita asumir un compromiso coa realidade contemporánea desde o respecto aos valores democráticos. |
|
C3 |
Formar profesionais capacitados para desenvolver a actividade publicitaria desde o respecto aos dereitos fundamentais dos homes e mulleres que viven nunha sociedade de consumo e salientando aqueles aspectos relativos aos principios da igualdade de xénero. |
|
C4 |
Desenvolver a capacidade para construír e planificar discursos propios da comunicación publicitaria para a elaboración de campañas comunicativas, adecuando as estratexias e as mensaxes aos obxectivos establecidos e aos diferentes públicos. |
|
C5 |
Fomentar a capacidade analítica, crítica e reflexiva en relación á creatividade publicitaria, cun coñecemento teórico, técnico e estético sobre o panorama actual e as novas tendencias da dirección de arte en publicidade. |
|
C6 |
Desenvolver a capacidade de exercer o quefacer comunicativo cunha conduta ética, garantindo co traballo creativo a capacidade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a accesibilidade universal e os valores democráticos no marco dunha conciencia de responsabilidade social e cultural. |
|
C7 |
Coñecemento da dirección de arte en publicidade como unha disciplina profesional autónoma. |
|
C8 |
Coñecemento das técnicas e procesos creativos publicitarios, tanto a nivel teórico como práctico. |
|
C9 |
Coñecemento e identificación de recursos, elementos, métodos e procedementos utilizados en todo proceso de creatividade publicitaria. |
|
C10 |
Capacidade teórico-práctica na creación, elaboración e desenvolvemento dun orixinal publicitario no marco dunha estratexia corporativa global. |
|
C11 |
Coñecementos básicos para situar a actividade publicitaria nun contexto de competencia local, nacional e internacional, incidindo na importancia das técnicas creativas como un activo publicitario diferencial. |
|
C12 |
Capacidade e habilidade para crear e desenvolver ideas de proxectos no ámbito publicitario. |
|
C13 |
Capacidade para concibir, producir e deseñar mensaxes creativas eficaces no marco dunha estratexia publicitaria. |
|
C14 |
Capacidade para escribir textos publicitarios con fluidez, e adecuación ás necesidades creativas dunha mensaxe. |
|
C15 |
Capacidade de adaptarse ás esixencias creativas dos clientes que requiren a contratación dun servizo publicitario. |
|
C16 |
Capacidade para adaptar unha mensaxe publicitaria aos seus distintos públicos. |
|
C17 |
Capacidade para adaptar un orixinal publicitario ás necesidades creativas e de produción de cada un dos medios publicitarios. |
|
C18 |
Capacidade para analizar campañas publicitarias desde un punto de vista crítico, atendendo aos parámetros básicos da análise creativa publicitario, considerando as mensaxes icónicas como textos e produtos das condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica determinada. |
|
C19 |
Capacidade para coordinar equipos e liderar a creación de campañas publicitarias desde o punto de vista creativo. |
|
C20 |
Habilidade lingüística para expoñer de forma adecuada o seu traballo académico, tanto de xeito oral como escrito e/ou por medios audiovisuais e informáticos conforme aos canons das disciplinas das ciencias da comunicación. |
|
C21 |
Coñecementos das diferentes teorías do deseño, a imaxe e a creatividade publicitaria. |
|
C22 |
Capacidade para crear e desenvolver contidos e proxectos innovadores que poidan contribuír ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes publicitarias, así como á súa interpretación. |
|
C23 |
Capacidade para percibir criticamente a sucesión de tendencias creativas que ofrece o universo publicitario que nos rodea, onde as historias e os relatos son froito dunha sociedade determinada, produto dunhas condicións sociopolíticas e culturais dunha época histórica concreta. |
Sinale D
|
Código |
Competencias |
|
D1 |
Capacidade de adaptación aos cambios e novos medios do mercado publicitario. |
|
D2 |
Capacidade de traballar de forma autónoma como creativo publicitario (nas súas máis diversas acepcións) unha vez finalizado e superado o curso de posgrao. |
|
D3 |
Capacidade para asumir riscos temáticos e ideas innovadoras na fase de creación e desenvolvemento de contidos publicitarios para distintos medios e soportes. |
|
D4 |
Práctica sistemática de autoavaliación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir os erros cometidos no proceso creativo. |
|
D5 |
Habilidade para a organización e temporalización das tarefas de cara a cumprir os prazos de entrega dos orixinais de acordo cunha estratexia publicitaria determinada. |