1.
Avaliación continua Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia
un sistema de avaliación continua. A
materia divídese en dous partes: teoría (60%) e práctica (40%).
As cualificacións das tarefas avaliables non son recuperables e
serán válidas só para o curso académico no que se realizan. 1.a Teoría.
Realizaranse
2 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase en horario
de teoría ao finalizar o tema 15. A segunda proba realizarase
o mesmo día que o exame final que se celebrará na
data que estableza a dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir, que se un estudante non pode participar o
día en que estean programadas o profesor non ten obrigación de repetilas.
Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario. A nota de cada proba
parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das
probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de teoría
(NFT) será a media aritmética das notas dos parciais:
NFT
= (PT1 + PT2)/2 Para
superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos
de 10 en cada unha delas. Se se obtivo menos de 5 puntos de 10
na primeira proba parcial, o alumno poderá recuperar dita parte
o mesmo día da segunda proba parcial de teoría. 1.b
Práctica Realizaranse
9 sesións de prácticas
de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 alumnos. A parte práctica cualificarase
mediante a avaliación continua de todas as prácticas.
Para
a valoración da parte práctica terase en conta o traballo
de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido
durante as sesións de prácticas. Cada práctica valorarase
cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás
que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP)
será a media aritmética das notas das práctica. 1.c
Nota final da materia Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60%
e a nota de prácticas (NFP) do 40%. Para aprobar a materia
será imprescindible superar a parte de teoría. Neste caso
a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada
parte: NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP No
caso de non superar a parte de teoría (NFT < 5), ou de non
alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada unha das probas
parciais de teoría, a nota final será a mínima das notas
obtidas nas dúas probas de teoría: NF
= min{ PT1, PT2 } Para
aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5 2.
Exame final Os
alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse
a un exame final que constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na avaliación
continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da
Escola para a realización do exame final, os estudantes que non
optasen pola avaliación continua deberán realizar unha proba
teórica que poderá conter preguntas relacionadas cos
contidos desenvolvidos nas prácticas de laboratorio. O
exame teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10
puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética
das notas das probas parciais: NFT
= (PT1 + PT2)/2 Os
alumnos que non realizasen as prácticas da materia
terán unha nota final de prácticas (NFP) de 0 puntos. Para
aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo
de 5 puntos sobre 10 en cada unha das dúas probas de teoría. Neste
caso a cualificación final será a suma ponderada das notas
de cada parte: NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP No caso de non
superar a parte de teoría (NFT < 5), ou de non alcanzar
o mínimo de 5 puntos en cada unha das probas parciais
de teoría, a nota final será a mínima das notas obtidas nas
dúas probas de teoría: NF
= min{ PT1, PT2 } Para
aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5. 3.
Sobre a convocatoria de recuperación (xullo) A
convocatoria extraordinaria de Xullo constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na
avaliación continua e que terá o mesmo formato que o exame
final. A segunda convocatoria celebrarase na data que
estableza a dirección da Escola. Aos
estudantes que se presenten a esta convocatoria conservaráselles
a nota que obtivesen na convocatoria ordinaria
(avaliación continua ou exame final) nas partes ás que non se presenten.
Ademais, nesta convocatoria os estudantes só poderán
presentarse a aquelas probas que non superasen na
convocatoria ordinaria. O
cálculo da nota final da materia realizarase tal e como
se explica no apartado 2. 4. Compromiso ético Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado.
No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente
curso académico será de suspenso (0.0). |