A primeira parte da
materia (50% da nota), correspondente ós temas 1, 2 e 3, consta dunhas actividades obrigatorias e
avaliables: - 1 caso práctico - 4 cuestionarios - 1 traballo A segunda parte da
materia (50% da nota), correspondente ós temas 4 e 5, consta dunhas actividades
obrigatorias e avaliables: - Exame final (60% da
nota da segunda parte): Este exame terá lugar na data e na hora oficiais. - Actividades propostas
(40% da nota da segunda parte). Para superar a segunda
parte é necesario cumprir dúas condicións: aprobar o exame final e obter un
mínimo de 5 puntos nunha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o
exame, a nota desta parte resulta da suma da nota obtida no exame e das notas das
actividades propostas. No caso de non
superar o exame, a nota desta parte será o resultado de expresar a puntuación
da proba nunha escala de 0 a 10 puntos. É
necesario e obrigatorio aprobar a primeira e a segunda parte para supera-la
materia. |