Resolución de problemas de forma autónoma |
Avaliaraáse e puntuaráse a resolución dos test propostos despois de cada tema.
Este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos.
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo de traballo ó que pertence cada estudante teña entregado alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso. |
30 |
|
|
C13 C19
|
D2 D3 D4 D5 D6 D11 D17 D18
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas sesións presenciais, proporáse un caso que o estudante deberá resolver de xeito individual e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos e capacidade de argumentación e xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos e a relativa ó IS cun máximo de 3 puntos. |
70 |
|
|
C2 C3 C6 C13 C19
|
D1 D3 D4 D5 D6 D11 D16 D17 D18
|
Nesta asignatura realizaráse unha Avaliación Contínua (AC en adiante) do traballo realizado polo estudante. Para superar a asignatura por AC deben cumprirse dúas condicións: 1) Alcanzar alomenos un 25% da nota en xogo en cada un dos tres apartados puntuabeis: test, proba IRPF e proba IS. 2) Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuabeis (probas tests e probas IRPF e IS). A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (IRPF e IS) suporá que o estudante deixa de ser avaliado en AC. Tamén sairáse da AC se non se acada alomenos un 25% da nota en xogo en cada unha das tres probas realizadas (probas test, proba IRPF e proba IS). A nota final por Avaliación Contínua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Aqueles estudantes que non superen a materia por AC terán a opción de presentarse a un exame final. Este exame suporá o 100% da cualificación e non se terán en conta os puntos obtidos na AC. En caso de non presentarse pero ter feito traballo de AC, a nota será a obtida en AC. Os estudantes que se presenten á convocatoria extraordinaria ou á convocatoria fin de carreira realizarán un exame con dous estudos de caso (IRPF e IS). Este exame suporá o 100% da cualificación.
(as datas dos exames finais poderán ser consultadas na páxina web da Escola: http://euee.uvigo.es/es ) --------- Sempre e cando @ estudante supere a materia segundo os criterios antes descritos, sumaráselle á nota que obteña un máximo de 1 punto pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuatrimestre en que se imparta a materia, e que o profesorado desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas polo Centro, a Universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares.
Para elo, o profesorado da materia comunicará previamente ó alumnado polos medios habituais (en horas presenciais ou por Faitic) aquelas actividades nas que a participación suporá un incremento da nota. Bonificaráse a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto; en calquera caso a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10.
O alumnado deberá aportar algún documento acreditativo da súa participación en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, éste encargaráse de recopilar dita información e trasladárllela ó profesorado. |