AVALIACIÓN CONTINUA
A Avaliación do estudante realizarase do
seguinte xeito:
- Exame final (60 % da nota final).
Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre que terá lugar na data,
hora e lugar establecido pola Dirección da Escola de Estudos Empresariais.
- Probas de seguimento (40 % da nota
final). Estas actividades desenvolveranse nas sesións prácticas. Só se poderán
realizar nas datas e sesións establecidas, debendo cada estudante asistir ao
grupo que teña asignado para a realización das mesmas.
Para superar a materia é necesario cumprir
dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na
materia. O resultado da avaliación expresarase nunha escala de 0 a 10 puntos.
No caso de superar o exame, a nota final
da materia resultará da suma da nota acadada no exame y nos probas de
seguimento.
No caso de non superar o exame, a nota
final da materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha
escala de 0 a 10 puntos.
Os/as alumnos/as que participen nalgunha
proba de avaliación continua e non se presenten ao exame final cualificaranse
como suspensos e a súa nota estará entre 0 e 4.
AVALIACION NON CONTINUA
As persoas que non desexen aproveitar o
sistema de avaliación continua poderán facer un exame (100 % da puntuación) cun
nivel de dificultade superior ao anterior.
O estudante deberá
solicitar o sistema de avaliación non continua nas datas establecidas polo/a
profesor/a.
O exame dividirase en dúas
partes: a primeira representará o 60 % da nota e a segunda o 40 % restante. Para superar a materia é necesario cumprir dúas condicións: superar a priemira parte e acadar un mínimo de 5 puntos na materia. Se non se
supera a primeira parte, en actas aparecerá a nota desta nunha escala de 0 a 10
puntos.
SEGUNDA CONVOCATORIA
A segunda convocatoria rexerase polas
mesmas normas. O exame da convocatoria extraordinaria terá lugar na data, hora
e lugar establecido pola Dirección da Escola de Estudos Empresariais.
BOAS PRÁCTICAS
- Non está permitido facer uso de
teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de
traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do/a
profesor/a.
- É imprescindible asistir ás sesións de
aula co material necesario para o seu desenvolvemento.
- Calquera evidencia de probas plaxiadas
ou copiadas, total ou parcialmente, suporá unha cualificación de suspenso en
tódalas convocatorias do curso académico.
- Para a realización das probas só se
permite o uso de elementos de escritura e calculadora.
- O estudante deberá presentarse ao exame
debidamente identificado, co seu D.N.I., pasaporte ou licenza de conducir, non
sendo válido outro documento.
- Tódalas probas deberán ser entregadas á
súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.
- A revisión de exames terá lugar só no
horario e lugar establecido polo/a profesor/a. |