Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Será necesario entregar varios traballos para poder optar a avaliación continua nas clases prácticas. Será necesario obter unha puntuación mínima de 5 punto sobre 10 para facer media 20
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse varias probas para avaliar os coñecementos adquiridos sobre a materia durante o curso, probas que se referirán tanto aos coñecementos adquiridos a través da bibliografía de referencia, coma ao desarrolllo e contido das clases. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media co resto de items 60
Proxecto Será necesario entregar un traballo ou proxecto realizado en grupo para avaliar os coñecementos adquiridos durante o curso. Esixirase unha puntuación mínima de cinco puntos (sobre 10) para poder facer a media co resto de items 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a superación da asignatura, hai dous sistemas de avaliación.

A avaliación continua: Neste caso, o/a alumno/a realizará varios exames parciais libratorios teóricos. Para supéralo requírese unha puntuación mínima de 5 (sobre 10) e o peso destes exames na nota final será un 60%. O outro 40% da nota restante corresponderá a parte práctica e valerá un 20% a entrega de casos e un 20% o proxecto. Neste caso, será necesaria unha puntuación mínima de 5 de 10 en cada parte para superar a asignatura.

Nos casos en que o/a alumno/a decidiu ir por avaliación continua e non superou a asignatura, pode presentarse aos exames oficiais para recuperar a(s) parte(s) que suspendera. Neste senso, gardarase a nota obtida durante o curso da parte que tivera superada, e so presentarase no examen do primeiro período coa parte que ten suspensa. Igualmente, manteranse as partes aprobadas para o examen do segundo período.

Para sucesivas convocatorias de cursos académicos posteriores non se gardarán as partes aprobadas.

Avaliación non continua: En todo caso, nas convocatorias oficiais, haberá un exame final da asignatura que ponderará un 60% da nota. Neste caso, tamén será necesaria entregar ese mesmo día ou con anterioridae un traballo realizado de xeito individual que ponderará un 20%, así como a entrega dos casos prácticos propostos ao longo do curso que ponderarán o outro 20%., para garantir o dereito do alumnado ao 100% da nota. É preciso obter una puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10) tanto en teoría como en práctica para poder facera media.

Na convocatoria extraordinaria de Fin de carrera haberá un exame final que suporá o 100% da calificación.

As datas oficiais de exámenes poderán consultarse na web da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo

http://fccee.uvigo.es/es/

As diferencias no método de avaliación que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe propostos e competencias á diferente organización de clases docentes empregada por ambos os dous centros. En todo caso, as ponderacións exactas de cada proba dáranse a coñecer ao principio de curso na plataforma de teledocencia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000