Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Réxime fiscal da empresa I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos A entrega das propostas de solución dos estudos de caso (prácticas) feitas en grupo avaliarase conxuntamente coas probas tipo tests: será necesario ter entregado alomenos 6 casos para ter puntuación nas probas test. 0 A2
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliarase e puntuarase a resolución dos test propostos despois de cada tema.
Este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos.
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo ao que pertence cada estudante teña entregado alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso.
30 A2
Exame de preguntas de desenvolvemento Ó remate das partes II e III do programa da materia, en dúas sesións presenciais, proporáse un caso que o alumnado deberá resolver de xeito individual e que permitirá avaliar o seu nivel de coñecementos e capacidade de argumentación e xustificación das decisións adoptadas.
A proba relativa ó IRPF puntuaráse cun máximo de 4 puntos e a relativa ó IS cun máximo de 3 puntos.
70 A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta asignatura realizarase unha avaliación continua (AC) do traballo realizado polo estudante.

Para superala asignatura por AC deben cumplirse dúas condicións:

 1. Acadar alomenos un 25% da nota en cada un dos tres apartados puntuables (test, proba IRPF, proba IS).

 2. Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuables (probas test e probas IRPF e IS). 

A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (IRPF e IS) suporá que o estudante deixa de ser avaliado en AC.

Tamén sairá da AC se non acada alomenos un 25% da nota en cada unha das tres probas realizadas (test, proba IRPF, proba IS).
A nota final por AC será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento.

Aqueles estudantes que se queden fora da AC terán a opción de presentarse a un exame final. Este exame suporá o 100% da cualificación e non se terán en conta os puntos obtidos en AC.

En caso de non presentarse, pero ter feito traballo de AC, a nota será a obtida en AC.

Os estudantes que se presenten a convocatoria extraordinaria ou a convocatoria de fin de carreira realizarán un exame con dous estudos de caso (IRPF e IS). Este exame valerá o 100% da cualificación.

A data dos examen pode consultarse en www.fccee.uvigo.es














Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000