Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Investigación comercial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A valoración realizarase a través da entrega das actividades propostas nas práctica e/ou a través da realización dun cuestionario. 40
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a realización dos cuestionarios propostos en moovi ao finalizar cada tema así como calquera outra actividade relacionada cos contidos explicados na lección maxistral. 10
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita que inclúe preguntas directas e breves sobre aspectos concretos dos contidos da materia. Esta proba terá lugar o mesmo día que o exame final. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia polo sistema de avaliación continua será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos. A puntuación obtida na resolución de problemas e nas prácticas con apoio das TIC mantense na convocatoria ordinaria e extraordinaria do curso académico en vigor pero non se gardará para cursos sucesivos.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar a ser avaliado cun único exame final que suporá o 100% da cualificación. O exame dividirase en dous partes: unha de contidos relativos ás clases teóricas e outra de contidos relativos ás clases prácticas.

O alumnado que renuncie ao sistema de avaliación continua deberá comunicarllo á coordinadora da materia por escrito antes da segunda práctica.

Na convocatoria de fin de carreira o exame suporá o 100% da cualificación.

A data dos exames pódese consultar na páxina web da facultade: http://fccee.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000