Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Teoría da organización
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Proba obxecto de avaliación continua. Consiste na resolución, de forma individual ou en grupo, de cuestións expostas, guiadas e supervisadas polo profesorado sobre a materia. Avaliarase a participación do alumno e a súa capacidade de integración dos conceptos desenvolvidos en clase 20
Presentación Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación escrita) 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado sobre a materia. A resposta debe ser breve. Terase en conta a capacidade de entendemento, de relación entre conceptos e de aplicación a distintas situacións e continxencias, por parte do estudantado. 50
Traballo Realización por parte do alumnado dun traballo escrito sobre un tema concreto. Avaliarase a súa capacidade de aplicar os conceptos asimilados nas clases maxistrais a situacións nun contexto real ou similar. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación da materia por defecto será a avaliación continua. A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc, e os detalles das puntuacións obtidas nas diferentes actividades a realizar se explicitarán na plataforma de teledocencia.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

As datas dos exames da materia poderán ser consultadas na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es

Esta materia no PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas - Grao en Dereito, impartese no 2º cuadrimestre do terceiro curso e o profesorado responsable está integrado por Fernando Comesaña Benavides e José Santiago Gómez Fraiz.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000