Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Sistema xudicial español e proceso civil
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Páxina 4 de 4
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una
planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen
atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou
non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento
da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o
profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Dende o momento da suspensión da docencia presencial as metodoloxías docentes que se utilizarán, tanto para a docencia
teórica como práctica, son:
- FAITIC e correo electrónico: o profesorado da materia proporciona ó alumnado, a través desta plataforma de teledocencia
ou do correo electrónico, diverso tipo de materiais (presentación, esquemas, casos prácticos, exercicios, lecturas
recomendadas, etc.) que lles permitan preparar os contidos correspondentes. A través destes mesmos medios o alumnado
tamén pode realizar ou entregar os exercicios e actividades que lles sexan requiridos.
- AULAS VIRTUAIS: A través das aulas virtuais do Campus Remoto da Universidade de Vigo, o profesorado impartirá
seminarios de xeito análogo á docencia presencial. Iso se complementará co traballo autónomo que o alumnado debe
dedicar á preparación destes seminarios. A impartición dos mesmos será comunicada oportunamente ó alumnado e
adaptarase ás datas e horarios que estaban fixados no cronograma da materia.
Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
O profesorado atenderá ó alumnado de forma personalizada aos efectos de aclarar dúbidas ou compartir impresións sobre
os contidos da materia ou outras cuestións de carácter académico. Estas titorías desenvolveranse fundamentalmente a
través de correo electrónico. De ser o caso, tamén se poderán realizar titorías colectivas a través das aulas virtuais.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Co fin de alterar o menos posible o sistema de avaliación que está previsto na guía docente da materia, o sistema de
avaliación no caso de docencia mixta ou non presencial será o seguinte:
- Resultado da avaliación continua, que representará o 25% da nota final. Neste apartado valorarase a nota media das dúas
probas tipo test realizadas nas datas indicadas na planificación docente. Estas probas test realizaranse de xeito virtual, a
través da plataforma Faitic.
- Test teórico-práctico sobre a totalidade da materia, que representará o 50% da nota final. Esta proba test realizarase de
xeito virtual, a través da plataforma Faitic, na data e hora que oportunamente se comunicará ó alumnado.
- Resolución dun suposto práctico, que representará o 25% da nota final. Esta proba consistirá na resolución dun suposto
práctico que se lle fará chegar ó alumnado a través da plataforma Faitic, e que unha vez realizado, deberán remitir ó
profesorado polo mesmo medio. Para a realización desta proba daránselle no seu momento ó alumnado as instrucións
oportunas.
No caso do alumnado que opte por non seguir a avaliación continua o sistema de avaliación consistirá na realización dunha
proba test teórico-práctica sobre a totalidade da materia, que suporá o 50% da nota final; e na resolución dun suposto
práctico, que representará outro 50% da nota final. Ámbalas dúas probas se levarán a cabo da mesma forma indicada
anteriormente.
Estes mesmos sistemas de avaliación seguiranse tamén, no seu caso, para a segunda oportunidade de exame (convocatoria
de xullo), segundo a opción do alumnado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000