A Avaliación
do alumno realizarase do seguinte xeito: - Exame
final (0 a 5 puntos). Realizarase un único exame ó final do cuatrimestre que constará
dunha parte teórica e dunha parte práctica. Para superar o exame será necesario
obter unha nota igual ou superior ó 50% da puntuación total do exame e, como
mínimo, o 40% da nota asignada en cada unhas das partes teórica e práctica. No caso de
que o alumno teña solicitado no plazo establecido que o exame final sexa sobre
10 puntos, no exame final incluiráse unha terceira parte (0 a 5 puntos) que
sustituirá ás probas intermedias de avaliación continua. Para iso, nos
primeiros 15 días do cuatrimestre habilitaráse un único prazo para que o alumno
poda solicitar que o seu exame conte con esta terceira parte e renunciar, polo
tanto, ó sistema de avaliación continua. - Avaliación
baseada nos traballos realizados, tanto en grupo como de maneira individual,
nas sesións prácticas (0 a 5 puntos). As actividades de avaliación continua nas
sesións prácticas só se poderán realizar nas datas e sesións establecidas,
debendo cada alumno asistir ao grupo que teña asignado para a realización das
mesmas, agás autorización explícita para algunha práctica dos profesores
encargados da materia para asistir a outro grupo no que teña lugar a mesma
práctica. O alumnado
que sexa evaluado en réxime de avaliación continua terá a posibilidade de
superar a asignatura e de alcanzar o 100% da nota. Para eso, antes da
realización do examen final existirá a posibilidade de realizar de maneira
telemática un exame coas mesmas condicións, contidos e formato que o exame
final (0 a 5 puntos) e que se indicaron anteriormente. A materia aprobarase sempre
e cando se supere este exame e se alcance un mínimo de 5 puntos na materia. Se o
estudiante non supera a asignatura por avaliación continua, a aprobación da
asignatura requerirá da aprobación do examen final. Nese caso, a nota final da
asignatura resultará da suma da nota obtida na avaliación continua, que suporá
un 50% da nota final, e a nota obtida no exame, que suporá o 50% restante. No
caso de non superar o exame final, a nota final da asignatura será a obtida no
exame expresada nunha escala de 0 a 10 puntos. A segunda
convocatoria rexirase polas mesmas normas. Na convocatoria de fin de carreira,
o exame suporá o 100% da cualificación. Os exames
terán lugar na data establecida polo Decanato do centro. IMPORTANTE: O
calendario de exames é publicado ó inicio do curso. Non obstante, o calendario
pode ser modificado ó longo do mesmo por algún imprevisto. Prégase que
consulten a páxina web da Facultade por se hai cambios no mesmo (http://fccee.uvigo.es).
BOAS PRÁCTICAS: - Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a. - Non está permitido comer nin beber (agás auga) durante as clases. - As conductas inadecuadas, contrarias e perxudiciais para a convivencia e a súa corrección poderán ser sancionadas coa pérdida do dereito á evaluación continua do estudiante responsable. - É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento. - Calquera evidencia de traballos e/ou probas plaxiados ou copiados, total ou parcialmente, suporá unha calificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico. - Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora. - O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co seu D.N.I, pasaporte ou título de conducir, non sendo válido outro documento. - Tódalas probas e exames deberán ser entregados á súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula. - A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesor/a. -
No caso das actividades docentes que se leven a cabo por medios telemáticos,
véxase a seguinte información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá adoptalas medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente. |