Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Políticas económicas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen

Utilización de Moovi para o acceso ao material docente e a realización de exercicios e cuestionarios.

* Metodoloxías docentes que se modifican

A clase presencial substitúese pola clase virtual a través do Campus Remoto.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

As sesións de titorías realizaranse por medios telemáticos a través do correo electrónico, foros de Moovi e videoconferencia no despacho virtual do campus remoto. Esta última modalidade baixo cita previa.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

As probas de avaliación, en caso de non poder realizarse de forma presencial, adaptaranse da seguinte forma:

Os exames de preguntas obxectivas que queden pendentes de realizar faranse a través dos exercicios e cuestionarios de Moovi. Ademais, os estudantes deberán conectarse ao Campus Remoto con cámara mentres dure a realización das probas.

A avaliación das tarefas de seguimento realizarase a través de cuestionarios e exercicios que serán entregados a través de Moovi e da participación nas clases virtuais.

O alumnado que renuncie á avaliación continua poderá realizar un exame final na data oficial a través do Campus Remoto (con cámara) e Moovi.

Os pesos das probas de avaliación manteranse sen cambios.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000