Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Macroeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Para levar a cabo a avaliación continua realizaranse ao longo do curso varias probas sobre os diferentes temas que inclúe a asignatura. 50-100 A2
A3
A4
A5
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames. O examén evaluará toda a materia exposta ao longo do curso. 50-100 A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

MODALIDADE AVALIACIÓN CONTINUA

O alumnado dispoñerá dun sistema de avaliación continua que consistirá na realización de dúas probas sobre os contidos da materia cunha ponderación do 50% cada unha.

O alumnado que sexa avaliado en réxime de avaliación continua, nunha escala de 0 a 10 puntos, terá a posibilidade de superar a materia, sempre que en cada proba obteña unha cualificación maior ou igual a 4 puntos sobre 10 e a media dos resultados das probas sexa maior ou igual a 5 puntos.

No caso de non obter a cualificación mínima esixida (4 sobre 10) na Primeira Proba, deberá presentarse ao exame final coa TOTALIDADE da materia na data oficial establecida no calendario de exames. A segunda Proba terá lugar o mesmo día que o exame final.

Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. No caso de que a media sexa maior ou igual a 5 puntos, pero non alcanzase a nota mínima esixida de 4 puntos nalgunha das dúas partes, a cualificación final será dun 4.

O alumnado que, obtendo unha cualificación igual ou superior a 4 na Primeira Proba da avaliación continua e queira mellorar a cualificación obtida, poderá presentarse ao exame final escrito coa TOTALIDADE do temario na data oficial establecida no calendario de exames. Nese caso, deberá renunciar de forma expresa á avaliación continua enviando un correo electrónico á coordinadora da materia ata sete días antes da realización do exame final escrito. A nota obtida neste exame será a cualificación final da materia.

 

MODALIDADE AVALIACIÓN GLOBAL

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o alumno poderá optar a ser avaliado cun exame final que supoñerá o 100% da cualificación. O exame final escrito, que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames, cualificarase nunha escala de 0 a 10 puntos. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Convocatoria Xullo: 

Na convocatoria extraordinaria, o estudantado realizará un exame de toda a materia polo 100% da nota. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no exame da devandita convocatoria, que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames.

Convocatoria Fin de Carreira:

Na Convocatoria de Fin de Carreira o exame supoñerá un 100% da cualificación. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no exame da devandita convocatoria, que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames.

As datas dos exames da materia poderanse consultar na páxina web da facultade http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000