Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Econometría
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

En caso de ter que acudir a un sistema virtual de ensino, debido a unha emerxencia sanitaria ou calquera outro tipo de emerxencia, manteranse as mesmas metodoloxías de ensino, facendo uso das ferramentas virtuais que a UVigo pon a disposición do PDI e dos estudantes (aulas e despachos virtuais, moovi, correo electrónico, etc.)

* Metodoloxías docentes que se modifican

Non é necesario modificar ningunha metodoloxía, xa que están deseñadas para ser empregadas tanto no caso de presencialidade, semipresencialidade ou na docencia totalmente virtual.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías realizaranse a través dos medios postos a disposición de docentes e estudantes pola UVigo, cun sistema de acordo previo.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

Dado que as clases non presenciais requiren máis dedicación por parte dos estudantes que as clases presenciais, o contido dos temas axustarase, se é necesario, para que os estudantes poidan acadar as competencias requiridas.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense as porcentaxes correspondentes aos distintos tipos de probas, independentemente de que a avaliación sexa virtual ou presencial. En caso de ter que acudir a un sistema de avaliación e ensino virtual, os estudantes serán avaliados a través dos medios que a UVigo pon á nosa disposición ( Campus Remoto, moovi, etc.) Neste caso, algunhas destas probas poderíanse facer de forma oral.

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000