Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma AVALIACIÓN CONTINUA:
Proba da primeira parte do temario.
Proba da segunda parte do temario.
En ambas as probas, o nivel de competencias avaliadas é básico.
50
Resolución de problemas e/ou exercicios EXAME FINAL:
Proba presencial, na data oficialmente establecida.
Avalíase a adquisición de competencias de coñecemento, a destreza na práctica e a aplicación da lóxica financeira a novas situacións.
Consta de tres niveles: básico, intermedio e avanzado.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira sesión do cuadrimestre coméntanse os resultados de aprendizaxe que se pretenden alcanzar, así como a planificación semanal das distintas etapas de aprendizaxe. Preséntase a ferramenta de aprendizaxe MOF Virtu@l, accesible na plataforma Moovi, e se orienta sobre a súa manexo básico e todos os recursos didácticos dispoñibles.

O alumnado pode aprobar a materia optando exclusivamente polo sistema de avaliación continua. Para subir nota deberá presentarse ao exame final, realizando exclusivamente os seus niveis intermedio e avanzado. De forma alternativa, tamén pode optar por realizar exclusivamente o exame final, que suporá o 100% da súa cualificación, realizando os seus niveis básico, intermedio e avanzado.

Ambas as alternativas de avaliación mantéñense na primeira e segunda convocatorias. Non así na convocatoria de fin de carreira, na que o exame suporá o 100% da cualificación. 

As datas dos exames da materia poden ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000