Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Introdución ao dereito civil e dereito da persoa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba que inclúe preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 50 A2
A4
A5
Exame de preguntas obxectivas Probas parciais non liberatorias que avalúan os coñecementos que ten o alumnado sobre a materia que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades
20 A2
A4
A5
Estudo de casos Realización dos casos prácticos plantexados na aula, que se realizarán de forma individual ou en grupo, segundo a proposta do/a profesor/a. Para a avaliación dos casos prácticos é obrigatoria a asistencia mínima ao 80% das sesións, a participación activa e a entrega das tarefas correspondentes ás semanas de asistencia.
Inclúese tamén a realización polo alumnado dos traballos voluntarios propostos polo/pola profesor/a.
20 A2
A3
A4
A5
Traballo Texto elaborado en grupo sobre un tema do programa da materia que debe redactarse según unhas normas establecidas e que debe presentarse por tódolos/as integrantes do grupo na aula ante o/a profesor/a da materia e o alumnado nas datas sinaladas. A no exposición do traballo polo/a alumno/a que participara na elaboración escrita do mesmo impide a súa evaluación, de manera que o/a alumno/a que non exponga o traballo será calificado cun 0. 10 A2
A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Enténdese, como regla xeral, que os/as alumnos/as optan polo sistema de evaluación continua. 

O/a alumno/a que opte polo sistema de evaluación continua, para poder sumar a calificación da parte teórica e da parte práctica da materia deberá obter como mínimo:

           - Un 4 sobre 10 en cada un dos exames parciais non liberatorios de preguntas obxetivas e no examen final de preguntas de desenvolvemento -no que é preciso obter como mínimo un 3 en cada unha das preguntas formuladas- e, ademáis, 

           - Un 4 sobre 10 na parte práctica da asignatura: casos prácticos + traballo obrigatorio para evaluación continua con exposición + traballos voluntarios con o sin exposición. 

Os dous exames parciais non liberatorios de preguntas obxetivas teñen un valor do 20% da calificación global da materia (10% primer parcial e 10% segundo parcial); o exame final de preguntas de desenvolvemento ten un valor do 50% da calificación global da materia; o estudio dos casos prácticos (asistencia mínima obrigatoria ao 80% das sesións + participación activa + entrega obrigatoria das tarefas das semanas de asistencia) e os traballos voluntarios con/sin exposición, un 20 % da calificación global da materia; e os traballos obrigatorios para evaluación continua realizados e expostos en grupo teñen un valor do 10% da calificación global da materia. 

Para superar a materia o/a alumno/a debe obter, como nota final, unha calificación igual o superior a 5, calquera que sexa o sistema de evaluación polo que optara (evaluación continua ou evaluación no continua).

O/A alumno/a que non se acolla ao sistema de evaluación continua por deixala, por non poder asistir ou por cualquera outro motivo, deberá facer unha proba final integrada por un examen de preguntas de desenvolvemento en relación cos contidos da materia, en número superior ás formuladas aos/ás alumnos/as que opten polo sistema de evaluación continua, debendo obter como mínimo un 3 en cada unha das preguntas formuladas, cun valor do 70% da calificación global da materia e, ademáis, un/uns caso/casos prácticos e/o comentario/s de institución xurídica ou sentenza cun valor do 30% da calificación global da materia. O/A alumno/a, para poder sumar a calificación da parte teórica e a calificación da parte práctica do examen final deberá obter, como mínimo, un 4 sobre 10 na parte teórica do examen e un 4 sobre 10 no/s caso/casos e/ou comentario/s de institución xurídica ou sentenza. 

No mesmo curso se guardarán as notas da evaluación continua do segundo período para xuño/xullo. 

Convocatoria Fin de carrera: Os/as alumnos/as deberán facer unha proba final integrada por un examen de preguntas de desenvolvemento en relación cos contidos da materia, no que deberán obter como mínimo un 3 en cada unha das preguntas formuladas, cun valor do 70% da calificación e, ademáis, un/uns caso/casos prácticos e/ou comentario/s de institución xurídica ou sentenza cun valor do 30% da calificación. O/a alumno/a, para poder sumar a calificación da parte teórica e a calificación da parte práctica do examen final deberá obter, como mínimo, un 4  sobre 10 na parte teórica do examen e un 4 sobre 10 no/s caso/casos e/ou comentario/s de institución xurídica ou sentenza. 

Alumnos/as con necesidades especiais: Se realizará a adaptación curricular dacordo con o suxerido polo coordinador de discapacidade según os protocolos da Universidade. 

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2021/2022. 

reseña bibliográfica que se inclúe nesta guía docente ten por obxecto facilitar aos/ás alumnos/as unha lista aberta de posibles manuais sobre os contidos da materia, cun carácter meramente informativo, aos que poidan acudir para completar as explicacións que proporcione o/aa profesor/a na aula. 

Se recuerda a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en probas evaluables, en cumplimiento do artigo 13.2.d) do Estatuto del Estudiante Universitario, relativo aos deberes do estudiantado universitario, que establece o deber de "Abstenerse de la utilización o cooperación en procedimientos fraudulentos en las pruebas de evaluación, en los trabajos que se realicen o en documentos oficiales de la universidad". 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000