As cualificacións obtidas no estudo de casos/análises de situacións e nos traballos e proxectos manteranse soamente nas probas da avaliación das convocatorias de xuño/xullo do curso académico. AVALIACIÓN NON CONTINUA: Os alumnos/as que por motivos persoais ou profesionais non fixesen ningunha das devanditas probas (estudo de casos e/ou traballos e proxectos) durante o curso, por non asistir nunca e non seguir coa avaliación continua, ou aqueles que renunciaran expresamente á avaliación continua no prazo dun mes dende o inicio do segundo cuatrimestre, terán as seguintes opcións: - A) Nas probas de avaliación de maio xuño/ xullo, poderán realizar xunto co exame de resposta extensa (70% da nota), un estudo de casos, para poder optar ao 90% da cualificación total. - B) Poderán suplir a realización da proba correspondente a traballos e proxectos (10% da nota), respondendo oralmente durante un tempo máximo de 20 minutos ás preguntas formuladas polo profesor sobre a materia obxecto dos traballos solicitados na avaliación continua. Deste xeito, poderán conseguir o 100% da cualificación final. Esta opción realizaráse a continuación do exame final e da proba A. Os alumnos que elixan a convocatoria fin de carreira serán avaliados polo sistema de cualificación anterior, e aínda que non se lles conserva a nota de avaliación continua, por ser unha convocatoria de seguintes anos académicos, terán a oportunidade de poder realizar xunto ao exame final, a opción A) e/ou B) antes mencionadas para obter o 100% da cualificación. O exame desta materia, realizarase na data, hora e lugar aprobados na Xunta de Facultade ás que se dará publicidade mediante a súa publicación na páxina web do Centro, e no cronograma que se facilitará a través de Faitic. Os alumnos Erasmus alleos que cursen esta materia serán avaliados mediante un exame test, (70% da cualificación), as prácticas (20%), e o traballo (10%). Así mesmo, o alumnado con necesidades especiais poderá ter unha avaliación específica, de conformidade co disposto na normativa e Protocolo de Discapacidade da Uvigo. Durante a realización das probas de avaliación o alumnado ten a obriga de desenrrolar un comportamento xurídico e éticamente correcto, tal como dispón o artigo 65 b) do Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, no que foron aprobados os Estatutos da Universidade de Vigo. E cumprir co establecido no artigo 47.2 f) da Resolución do 7 de maio de 2021 pola que se aproba o Regulamento de estudantes desta universidade. Esta guía docente é de aplicación no Grao en ADE-DEREITO ao ser a mesma profesora a encargada de impartir a materia. |