Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Xestión de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba/s intermedia/s. Proba/s para avaliar a adquisición e comprensión de conceptos que se desenvolverá/n ao longo do curso (50%).

Proba final. Proba para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado sobre a materia e a aplicación dos mesmos na resolución e interpretación de problemas e situacións do ámbito empresarial (50%).
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación nas convocatorias ORDINARIA E EXTRAORDINARIA consta de dúas alternativas. 

   1. Avaliación CONTINUA: a nota final será a suma da nota obtida na/s
proba/s de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 50% sobre o total), e da nota obtida na última proba
que coincidirá coa data do exame final (cunha ponderación do 50% do total). 

   2. Avaliación NON CONTINUA: examen final (100%). Este exame PODERÁ SER DIFERENTE e cun nivel de dificultade maior ao realizado baixo a opción de Avaliación CONTINUA.

    IMPORTANTE:

     - O alumnado deberá
solicitar o sistema de avaliación NON CONTINUA nas datas establecidas polo profesorado.

     - No caso de participar nalgunha proba intermedia e non presentarse ao exame final, a nota final da materia será a nota da/s proba/s intermedia/s.

No sistema de avaliación da convocatoria DE FIN DE CARREIRA o exame final suporá o 100% da calificación.

As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000