Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Fundamentos de administración
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Poderá valorarse a participación do alumnado, a súa capacidade de crítica, a súa capacidade expositiva na resolución de cuestions, actividades e/ou exercicios plantexados nas prácticas con esta finalidade. 0-40
Prácticas con apoio das TIC Valorase se o alumnado realizou as tarefas propostas (test de autoavaliación, lectura de textos, visualización de videos, búsqueda de noticias relacionadas coa materia...) 0-15
Foros de discusión Poderá valorarse a participación do alumnado, a sua capacidade crítica e de argumentación nos temas propostos polo profesorado 0-5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliar as competencias adquiridas que incluen preguntas de corrección obxectiva sobre aspectos concretos da materia. Será necesario sacar unha nota mínima do 45% do valor destas probas para considerar o resto das partes avaliables.
100-50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado nas convocatorias ORDINARIA e EXTRAORDINARIA ten dúas posibilidades de avaliación:

1. AVALIACIÓN CONTINUA**: 

A nota (N) obtida por este tipo de avaliación está composta pola alcanzada nas posibles Actividades (A) propostas ao longo do cuadrimestre polo profesorado así como en dous Parciais* (P) que consisten en dúas probas escritas nas que se requirirá un mínimo para que poidan ser consideradas as actividades anteriores. En concreto, as actividades A poden ser de tres tipos: A1, A2 e A3, e a relación entre as tres notas (A, P e N), as súas puntuacións e a súa descrición é a seguinte:

A (entre 0-50%):

A cualificación das actividades (A) obterase a través de tres posibles tipos de actividades expostas como complementarias, e que poden consistir en: 

A1_Prácticas de laboratorio (entre 0-40%)

A2_Prácticas con apoio das TIC (entre 0-15%)

A3_Foros (entre 0-5%). 

A consideración conxunta das tres posibles actividades conformará o valor  A=(A1+A2+ A3)  e terá un valor máximo de 5 puntos. Para iso, si a suma  (A1+A2+A3) é igual ou superior a 5, asignarase o valor de A=5 e, si a suma é inferior a 5, asignarase o valor da suma A= A1+A2+A3.  En consecuencia, o máximo posible alcanzable coa realización das actividades propostas (A1+A2+A3=6) implicarían un máximo avaliable de A=5.

P (entre 0-50%): 

A cualificación obtida nos parciais* (P) realizados ao longo do cuadrimestre obtida como P=P1 +P2, sendo P1 a nota da primeira proba deste tipo e P2 a nota da segunda.

N (entre 0-100%)*:

A cualificación da Avaliación Continua (N) calcúlase como N=P+A.

A nota obtida no primeiro parcial requirirá un mínimo (45%) para liberar materia e a nota da suma dos parciais tamén debe ser dun mínimo do 45% para poder sumar a nota obtida nas actividades (A). En caso de non liberar materia, será necesario a realización desta parte no exame final da materia para superar a materia, sen detrimento de a nota obtida nas actividades A.

*O profesorado da materia poderá decidir suprimir os parciais si, por mor do COVID, non se pode realizar o primeiro parcial presencial e nunha única data para todo o alumnado. Neste caso, o alumnado poderá sumar a nota obtida nas actividades (A) a nota que obteña no examen final de toda a materia sempre que neste examen acade a lo menos un 45% do seu valor.  

2. AVALIACIÓN NON CONTINUA**: O exame final é o 100% da cualificación.

Na convocatoria de FIN DE CARREIRA o exame suporá o 100% da cualificación.

A data oficial dos exames pode consultarse na web da facultade http://fccee.uvigo.es/

 ** Valorarase con 0.25 puntos a realización do curso virtual organizado pola Biblioteca central; Coñece a Biblioteca e aprende a buscar, avaliar e utilizar a información; dirixido ao alumnado de 1º grao e que ten como obxectivo que o estudante adquira os coñecementos básicos para buscar, analizar, seleccionar e organizar a información de maneira eficiente, así como utilizar e comunicar a información eficazmente de forma ética e legal.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000