Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución de exercicios por parte do alumnado, relacionados cos contidos explicados na aula. 50
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba con preguntas teóricas e exercicios a desenvolver nun tempo limitado.

Esta proba proporcionará a cualificación final para o alumnado que opte pola modalidade de avaliación global.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas dos exames da materia poderán ser consultadas na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es 

Para o alumnado do grao en ADE, a nota final do curso virá dada pola seguinte fórmula:

NF=A+(10-A)E/10

sendo A a nota da avaliación continua (máximo de 5 puntos) e E a nota do exame final (máximo de 10 puntos).

O mesmo sistema de avaliación será seguido no caso da convocatoria de fin de carreira.

En caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a nota obtida polo traballo ao longo do curso manterase para a segunda convocatoria. Os puntos da avaliación continua obteranse por: a asistencia a clase e a participación nela, as probas curtas realizadas nas clases prácticas ao longo do curso e os exercicios e/ou traballos propostos previamente e realizados fóra das horas de clase.

A fórmula empregada permite ao estudantado ser avaliado como máis lle conveña, pois entre a cualificación obtida por avaliación continua e a obtida por avaliación global outorga ao estudante as mellor entre as dúas posibilidades, non sendo preciso acadar unha puntuación mínima en ningún apartado para poder superar a materia. Por esta razón NON será preciso que o alumnado que renuncie á avaliación continua o comunique con antelación.

Para o alumnado do dobre grao ADE-Dereito, a nota final do curso será a suma de:

a) nota obtida na proba (ou no conxunto de probas) realizada no cuatrimestre (cunha ponderación do 45% sobre o total)

b) nota obtida nas prácticas de ordenador (5%)

c) nota obtida nunha última proba (cunha ponderación do 50% do total) que coincidirá coa data do exame final

Para o estudantado que non se presente á primeira das probas que se realicen, enténdese que opta por ser avaliado exclusivamente cun exame final que suporá o 100% da cualificación.

 Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá  o 100% da cualificación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000