Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Fundamentos económicos da defensa da competencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Os alumnos terán que realizar un traballo no que revisarán algún caso de competencia que haberán de presentar. Para presentar o traballo é imprescindible asistir polo menos a 2/3 das clases. 20 C8
D2
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial temas 1 a 4. 40 C3
C6
C7
C9
C10
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial temas 5 a 8. 40 C3
C6
C7
C9
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante poderá optar entre (1) avaliación continua ou (2) exame global.


1. Avaliación continua. Neste caso a cualificación obterase do seguinte modo:

  • 20% coa realización e
    presentación dun traballo no que se revisará algún caso de competencia.
    Para un adecuado desenvolvemento do traballo é preciso que se coñezan os
    contidos da materia. Por iso, para presentar o traballo é preciso asistir
    polo menos a 2/3 das clases teóricas e prácticas. Só se se cumpre este requisito,
    poderase presentar o traballo.
  • 40% coa realización dunha
    proba parcial dos
    temas 1 a 4.
  • 40% coa realización dunha
    proba parcial dos
    temas 5 a 8.
Para poder aprobar a
materia a cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos, sendo
ademais imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha
puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Si non se alcanza esa puntuación
nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte
correspondente no exame que se celebrará na data oficial recollida na
páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Si tampouco se alcanza esa puntuación nese
exame (ou non se presenta ao exame), a nota final máxima da materia será
de 4 puntos.


2. Exame global: O
exame celebrarase na data
oficial recollida na páxina web da facultade e suporá o 100% da nota. O exame incluirá preguntas relativas aos contidos
teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo do curso, ademais dalgún caso
de competencia.


Exame de fin de carreira: O exame de fin de carreira suporá o 100% da nota.


Datas de exames: Poden ser consultadas na páxina web da facultade. http://fccee.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000