Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Valorarase a participación nas clases, a participación nos foros de discusión, os exercicios, cuestionarios e calquera outro traballo que se propoña nas clases prácticas. 15 B2
B4
B5
B6
B7
C3
C4
C5
C8
C9
C13
D2
D4
D5
D7
Aprendizaxe colaborativa Valorarase a participación nas clases, os resultados do traballo en grupo e a implicación co mesmo. 15 B2
B4
B5
B6
B7
C3
C4
C5
C8
C9
C13
D2
D4
D5
D7
Flipped Learning Valorarase a participación nas clases e os resultados do traballo realizado. 10 B2
B4
B5
B6
B7
C3
C4
C5
C8
C9
D2
D4
D5
D7
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse exames con preguntas obxectivas baseadas no temario da materia. Os/as alumnos/as deben mostrar un nivel adecuado de coñecementos para superar a materia. 60 B4
C3
C4
C5
C9
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado pode elixir entre seguir un sistema de avaliación
continua ou ben presentarse a un único exame final. Neste último caso, terá que demostrar que adquiriu as competencias esixidas
na materia, do mesmo modo que se seguira un proceso de avaliación continua.
Tanto co proceso de avaliación
continua como co exame final poderase
obter o 100% da cualificación.

Os/as alumnos/as que renuncien ao sistema de avaliación continua deberán comunicarllo á persoa coordinadora da materia nas primeiras semanas do cuadrimestre (unha vez iniciadas as clases prácticas). 


  • No proceso de avaliación continua terase en conta o resultado das actividades desenvolvidas ao  longo do curso e o resultado da proba teórica realizada. As actividades das clases prácticas ponderan un 40% do total da materia. A proba relativa aos contidos teóricos pondera o 60% do total da materia. Por necesidades de organización docente, a proba teórica poderá realizarse na mesma data que o examen final oficial da materia. 
  • Para superar a materia polo sistema de avaliación continua esíxese unha cualificación superior a 4 puntos sobre 10 tanto nas probas correspondentes á docencia práctica como no exame correspondente á parte teórica. En calquera caso, para superar a materia, a nota media ponderada destas distintas probas ha de ser igual ou superior a 5 puntos sobre un total de 10. 
  • A cualificación obtida nas prácticas, para aquel alumnado que o solicite, manterase até a segunda convocatoria. 
  • Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun único exame final que suporá o 100% da cualificación. O exame dividirase en duas partes: unha de contidos relativos ás clases teóricas e outra de contidos relativos ás clases prácticas. A parte teórica ponderará o 60% do total; a parte relativa ás prácticas ponderará o 40% do total. Isto tamén será de aplicación na segunda convocatoria. Para superar o exame esíxese unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en cada unha das partes. En calquera caso, para poder superar a materia, a nota media ponderada das distintas partes do exame ha de ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 
  • Na convocatoria de Fin de carreira o exame suporá o 100% da cualificación.
Os exames realizaranse nas datas oficiais establecidas polo órgano responsable. Poden consultarse na páxina web da Facultade de CC. Económicas e Empresariais: http://fccee.uvigo.es/
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000