Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía dos servizos públicos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
En xeral tentarán manterse todas as metodoloxías docentes que podan ser xestionadas co uso do campus remoto.

* Metodoloxías docentes que se modifican
De forma excepcional, poderán realizarse modificacións metodolóxicas cando o campus remoto non permita xestionar as aproximacións metodolóxicas recollidas nesta guía. Isto será de especial aplicación na parte práctica.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Manteránse as tutorías e serán xestionadas a través do campus remoto

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non ser realizarán modificacións de contados

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
De ser necesario proporcionaranse materiais adicionais no seu momento.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Manteranse as puntuacións obtidas nas probas realizadas.

* Probas pendentes
Si non é posible facer exames presenciais, os exames realizaranse utilizando a plataforma docente e/ou o campus remoto.

A ponderación das diversas probas non cambiará.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000