Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Macroeconomía I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios.
40 C2
C5
C6
C8
C9
C10
C11
D2
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas nas que os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 60 C2
C3
C5
C6
C9
C10
C11
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 SISTEMA DE AVALIACION

Convocatoria Ordinaria

O alumnado poderá optar entre un sistema de avaliación contínua ou un sistema de avaliación global única. 

Modalidade de Avaliación Continua

A avaliación da materia constará de duas partes:

  • Primeiro Exame. A metade de cuatrimestre levarase a cabo un exame sobre os contidos dos Temas 1 a 4. Para superar esta proba é necesario obter 5 puntos sobre 10. Noutro caso, o alumnado deberá examinarse de toda a materia no exame global da convocatoria ordinaria. O resultado desta proba pesará un 40% na nota final.
  • Segundo Exame. Esta proba realizarase na data oficial fixada no calendario de exames. O resultado desta proba pesará un 60% na nota final.

Modalidade de Avaliación Global única: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación.  Este exame terá contido tanto teórico como práctico, e terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames que se puede consultar na web da Facultade (fccee.uvigo.es)

Convocatoria Extraordinaria

Nesta convocatoria, o alumnado poderá optar por realizar o exame global único, co 100% da nota, ou ben continuar no sistema de avaliación continua. O exame terá contido tanto teórico como práctico, e terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames que se puede consultar na web da Facultade (fccee.uvigo.es)

Convocatoria Fin de Carrera:

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación. O exame terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames que se pode consultar na web da Facultade (fccee.uvigo.es).

DATAS OFICIAIS DAS PROBAS DE AVALIACION EXAME:

Consultar en http://fccee.uvigo.es/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000