Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Macroeconomía I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
- Clase maxistral. Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
- Resolución de problemas. Formulación, análise , resolución e debate de problemas ou exercicios relacionados cos temas impartidos.

* Metodoloxías docentes que se modifican
- Docencia presencial. Trátase de adaptar os materiais empregados a un contexto de docencia virtual. O alumnado recibe clases na aula virtual sobre os principais contidos de cada tema.
- Resolución de problemas. Emprego das aulas virtuais para a resolución de exercicios e problemas propostos. Posteriormente o alumnado debe resolver de forma autónoma os exercicios relativos a cada tema e entregalos na plataforma docente.
- Se porá a disposición do alumnado unha serie de test de autoavaliación para o seguimento da aprendizaxe.
Na modalidade non presencial a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto, co uso da plataforma de teledocencia e/ou Moodle como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
- Atención en aula virtual previa solicitude por parte do alumnado.
- Resolución de dúbidas por correo electrónico.
Estas sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de Moodle, ...) baixo a modalidade de concertación previa

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se prevé a eliminación de contidos.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se precisa bibliografía adicional.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Non se prevé modificar o peso das probas.

* Probas pendentes que se manteñen
Non se prevé modificar o peso das probas.

* Probas que se modifican
As probas previstas para realizar de forma presencias pasarían a ser online.

* Novas probas
No caso de suspensión das clases presenciais, procederíase a realización de probas online, tanto de formato tipo test como de desenvolvemento.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000