Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Dirección de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Estudo, debate e participación na resolución de supostos, reais ou ficticios, de formulacións estratéxicas por parte de empresas e outras institucións. Realización e presentación de traballos propostos por o profesor. 40
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas individuais escritas de avaliación sobre os contidos teóricos
e prácticos da materia
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Información detallada sobre o procedemento de avaliación estará dispoñible na plataforma de Teledocencia, e se informará disto os estudantes o primeiro día de clase.

Na materia ofrécense dous tipos de avalliación:

Estudantes que optan por avaliación continua (é presencial e require asistencia activa o 80% das clases prácticas):

O 40% da nota será da parte práctica (70% exercicios nas sesións prácticas e 30% traballo en equipo). Para superar esta parte será necesario ter realizadas e entregadas todas practicas, así como o traballo en equipo, na forma e prazos establecidos. En caso de non superarse faráse un exame práctico. Esta nota gardarase até a convocatoria extraordinaria.

O 60% restante será a nota do exame teórico. Realizaranse exames de avaliación continua, un a metade do cuadrimestre e outro ó final, este último só se é posible por datas, de non ser así, realizarase na data da convocatoria oficial establecida no calendario de exames, de forma que os estudantes que superasen o primeiro exame so terán que examinarse na convocatoria oficial da parte restante, os que non o superen examinaranse de toda a materia no exame da convocatoria oficial. 

A nota de teoría será a media das dúas partes sempre que se acade unha nota mínima de 4 -sobre 10- en cada exame, en caso contrario a nota será suspenso e as partes aprobadas gardaranse até a convocatoria extraordinaria.

A nota final da materia é a resultante da media ponderada de nota practica e da parte tórica. Quen non se presente o exame teórico ou non alcance a nota mínima de 4,5 no devandito exame, figurará coa nota da parte practica (un máximo de 4).

Avaliación non continua.  Estudantes que non superan un 80% de asistencia activa a clases practicas:

O 60% da nota
será a nota do exame teórico (dividido en duas partes como na evaluación contínua, requírese unha nota minima de 4 -sobre10- en cada parte para facer media).

O 40% da nota será a puntuación da parte práctica, desglosado como sigue: 20% nota de exame práctico, 5% entrega (na datado exame) do traballo proposto, 15% entrega (na data do exame) das practicas do curso.

Nesta modalidade non terán dereito a parciais e o traballo será individual.

E necesario ter polo menos un 4,5 en cada parte (teoría e práctica) para aprobar.

Convocatoria fin de carreira: o 100% da nota será un examen (60%teoría e 40% práctica). Para aprobar será preciso acadar polo menos un 4,5 en cada unha das partes.

Datas oficiais dos exámes:

As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000