Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Estatística: Estatística I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Mantéñense as mesmas metodoloxías impartindo a docencia mediante videoconferencia a través de Campus Remoto e utilizando, si é o caso, a plataforma de teledocencia para a entrega de exercicios ou realización de cuestionarios.

No caso de "Prácticas con apoio das TIC" tentarase utilizar un programa estatístico que estea dispoñible para os alumnos.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):

Realizaranse titorías mediante videoconferencia no despacho virtual (con cita previa), foros na plataforma de teledocencia e correo electrónico.

* Información adicional:

Os alumnos terán á súa disposición na plataforma de teledocencia todo o material necesario para o seguimento da materia (apuntamentos, boletíns de problemas, solucións de exercicios e prácticas,...) así como cuestionarios de autoavaliación.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÖN ===

Mantéñense as mesmas probas pero realizadas en modalidade non presencial mediante o uso combinado de Campus Remoto e a plataforma de teledocencia.

Nestas probas o alumnado debe identificarse visualmente, presentando o correspondente documento, e permanecer conectado coa cámara activada até a súa finalización.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000