Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Empresa: Economía da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Cartafol/dossier Recompilación do traballo do/a estudante co obxectivo de amosar os seus esforzos, progresos e logros na materia. A recompilación incluirá os traballos e probas que determine a docente e serán subidos á plataforma MOOVI no tempo e forma que se determinen.

O cartafol/dossier debe estar completo para ser evaluado. Non será avaliado no caso de que esté incompleto ou se detecte calquera tipo de plaxio.
30
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O/a estudante selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades.

Correspóndese cos cuestionarios que se realizan ao longo do curso en MOOVI.
30
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o/a estudante debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesorado, aplicando os coñecementos que adquiriu. É parte do exame final. 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliar as competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Cada estudante debe responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teña sobre a materia. É parte do exame final. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación nas convocatorias ORDINARIA E EXTRAORDINARIA consta de dúas alternativas. 


1. Avaliación CONTINUA. Está formada por:

- Cartafol (MOOVI) - 30% - Debe incluir todas as actividades para ser avaliado.
- Cuestionarios (MOOVI) - 30% - Deben realizarse todos os cuestionarios para ser avaliado.
- Exame final (Presencial) - 40% 

2. Avaliación NON CONTINUA : 

- Exame final (100%). Este exame será diferente ao realizado baixo a opción de Avaliación CONTINUA.

IMPORTANTE: 

- A elección por parte do alumnado dunha das alternativas deberá facerse no plazo establecido pola responsable da materia, que se comunicará en MOOVI. 

- No caso de participar nalgunha proba intermedia e non presentarse ao exame final, a nota final da materia será a nota dos cuestionarios e o dossier.

- No caso de AVALIACIÓN CONTINUA, de detectarse plaxio nalgunha das probas intermedias, o sistema de avaliación pasará a ser o de NON CONTINUA.

No sistema de avaliación da convocatoria DE FIN DE CARREIRA o exame final suporá o 100% da calificación.

As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000