Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Economía mundial
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
No caso de docencia non presencial, o CAMPUSREMOTO será o medio para realizar a docencia, asociado coas ferramentas de Moovi, Moodle e similares.
Mantéñense todas as metodoloxías, excepto as prácticas en aula de informática con ferramentas estatísticas para análise de datos.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Realizaranse prácticas online relativas ao uso de paquetes estatísticos para tratamento de datos. Usarase Moovi,
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Despacho virtual do profesor ou email, usando este como mecanismo de comunicación.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Ningunha bibliografía adicional

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense todas as probas e non cambia o seu peso.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000