1. Para a preparación deste curso, nun escenario de posible confinamento, aconséllase mercar desde o inicio do curso un manual de Historia Económica. O manual aconsellado é Jordi Palafox (editor), Los tiempos cambian. Historia de la Economía, Valencia, Tirant Humanidades, 2014.
2. Aconséllase un traballo regular, sistemático, ao longo do cuadrimestre, tanto no referente aos contidos teóricos transmitidos nas clases maxistrais como nos traballos de seminario prácticos.
3. Na parte práctica como na teórica, será especialmente tido en conta o interese demostrado e a calidade das intervencións, ben sexa dentro dos grupos de traballo que se formen, ben individualmente.
4. Considérase relevante unha actitude construtiva, crítica, e a participación activa nas clases teóricas e prácticas.
5. A expresión escrita debe coidarse de forma especial: a claridade na exposición, a orde, e o rigor ortográfico e sintáctico son fundamentais nun estudante universitario. |