A materia “Proceso de análise I. Técnicas cualitativas” trata de introducir ao alumnado na metodoloxía das Ciencias políticas como disciplina social orientada á investigación empírica de fenómenos observables e medibles no ámbito político-administrativo, como son a dirección e xestión pública, así como o liderado institucional.
É importante que desde o principio os/as alumnos/as adquiran unha sistemática de traballo que lles permita afrontar con rigor calquera tipo de estudo científico. Para iso, no Tema 1 deterémonos nas diferentes fases e compoñentes básicos dunha investigación, para introducirnos no Tema 2 nos métodos que maior aplicación tiveron no campo das Ciencias sociais nos últimos anos: o estudo de caso e a comparación.
Adicionalmente, o alumnado deberá adquirir actitudes, valores, hábitos e, especificamente, unha linguaxe científica que faciliten a súa interactuación coa comunidade científica internacional no seu ámbito de investigación. Tamén tentaremos sentar as bases imprescindibles de saber, saber-facer e de ser-estar que terán que ser aplicados no transcurso do Traballo Fin de Máster cuxo formulación comeza nesta sexta etapa do curso.