Comezamos esta materia, central no plano de estudos do Máster, orientada tanto á reflexión sobre as orixes e evolución das principais paradigmas da Xestión Pública desde os inicios do século XX, como ao estudo pormenorizado dun dos temas clave das administracións públicas do noso tempo: a innovación administrativa.
E non é por casualidade que se programou unha serie de contidos deseñados para cuestionar baixo o prisma da innovación as ideas centrais que supuxeron a transformación dos métodos e formas de xestión das organizacións; porque estas son parte dunha complexa engrenaxe sociocultural que alimentan o conxunto dos sectores produtivos dun país. As empresas son organizacións, o sector non lucrativo está integrado por diversas tipoloxías de organizacións e, por suposto, o sector público pódese analizar desde a perspectiva das organizacións, necesaria para entender os seus elementos de administración, xestión e dirección, así como para comprender o seu papel no escenario intergobernamental socioeconómico.
De aí a importancia dunha materia que busca a lectura, comprensión e análise das organizacións desde as propostas que unha serie de pioneiros realizaron no século pasado confrontadas ás novas correntes xerenciais, ata chegar nos nosos días onde a paradigma da boa gobernanza fai a súa aparición.
Para poder comprender o contexto da xestión e gobernanza pública e os seus procesos de innovación administrativa, é necesario introducir o marco da xestión de servizos públicos. Nesta microdimensión das políticas públicas e a xestión pública, podemos darlle sentido ás prácticas administrativas, ás actividades que se pon en marcha desde diferentes sectores (públicos, público-privados) para cumprir o obxectivo básico de toda institución-organización pública: mellorar a vida dos cidadáns dunha contorna social e política-administrativo dado.