Esta materia “Análise política: institucións, actores e procesos” (3 ECTS) -encadrada no Módulo 2: Política, Democracia e Goberno: Problemas e Tendencias actuais-, consta de catro temas. Como poderedes comprobar, estes pretenden aproximarvos a un conxunto de aspectos e cuestións básicas relacionadas coas institucións (formas de goberno), os actores políticos (partidos políticos e grupos de presión) e o proceso político (europeización). Con iso aspiramos a proporcionarvos algúns elementos do marco ou contexto no que desenvolven a súa actuación as administracións públicas que vos axude a obter unha comprensión adecuada e global. Noutras palabras, o descoñecemento dese escenario (e por conseguinte, das interaccións que se producen nel) por quen exerce labores de dirección e xestión pública poden repercutir na eficacia e eficiencia das accións públicas ou, simplemente, conducir ao fracaso.