Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Cine e publicidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Prácticas, traballos, exercicios (individuais e/ou colectivos) de/na aula. ESTUDOS DE CASO: Nos grupos realízase actividade de análise de obras audiovisuais coa proxección, traballo de visionado, análise técnica-narrativa, exposición oral e comentario escrito de fragmentos de producións audiovisuais (cinematográficas, publicitarias), coa asistencia/presencia e participación continuada do alumnado na clase. Non se contempla a entrega de traballos/exercicios á marxe das prácticas realizadas e/ou encargadas na aula ao alumnado asistente á sesión de clase. 25 A3
B2
C3
C4
C11
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Tipo de Proba: Exame escrito (con espazo limitado e algunhas preguntas son de resposta curta).
Estrutura de preguntas teóricas e/ou preguntas prácticas de análise técnica-narrativo de producións (cinematográficas e/ou publicitarias). Para presentarse ao exame (cuadrimestre), o alumnado ten que ter feitas as prácticas-seminario continuadas realizadas de/en aula. De non ser así e/ou de non asistir a clase, a súa opción de avaliación é o exame final do curso.
75 A3
B2
C1
C3
C4
C11
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000