Nos exames desta materia non se permitirá o uso de auriculares, nin de dispositivos con capacidade de comunicación co exterior. Tampouco se poderán utilizar calculadoras programables, nin calculadoras con capacidade gráfica. A)
Convocatoria de Xaneiro de 2022: Esta materia divídese en dous partes: - A primeira parte comprende os temas 1-5 (Análise Estatística) e impartirase dende o inicio do primeiro cuadrimestre ata o 23 de outubro de 2021 (incluído). - A segunda parte comprende os temas 6-9 (Administración Pública) e impartirase dende o 24 de outubro de 2021 (incluído) ata o final do primeiro cuadrimestre. Para aprobar esta materia na convocatoria de Xaneiro de 2022, terán que superarse de xeito independente cada unha das partes, segundo o baremo
establecido para as cualificacións. Se se superan ambas partes, a nota
final será a media das dúas. Se non se supera algunha das partes, a nota final será o mínimo das notas obtidas. B) Para a convocatoria de Xuño-Xullo de 2022 e sucesivas se utilizarán os mesmos criterios que para a convocatoria de Xaneiro de 2022. |