Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Comunicación escrita
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC A nota media das cualificacións obtidas na execución dos exercicios de redacción propostos nas clases prácticas suporán o 40% da nota final da materia. É necesario a entrega de todos os exercicios propostos e a asistencia a clase para aprobar. 40 A4
B1
C2
C13
D1
Exame de preguntas obxectivas Os contidos desenvolvidos nas horas presenciais das sesións maxistrais avaliaranse a través dunha proba final que suporá o 60% da nota final da materia. É necesario obter polo menos unha cualificación de 4 sobre 10 para aprobar. 60 A1
A4
B1
C2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia é presencial, así que a asistencia ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido polo centro é obrigatoria. 

CONVOCATORIA DE XULLO/EXTRAORDINARIA

A forma de evaluación é igual en todas as convocatorias.

Si na primeira convocatoria non se supera unha das partes da materia, o alumnado deberá presentarse á evaluación só desa parte non superada. Si é a parte práctica, deberá repetir todos os exercicios propostos polos docentes ao longo do curso e entregalos na data establecida polo coordinador da materia; si é o exame que evalúa o contido teórico, deberá presentarse ao exame na segunda convocatoria.

Si non se aproba a materia nas convocatorias do primeiro ano de matrícula (nin na primeira nin na segunda convocatoria), o alumno ou a alumna deberán cursar novamente a materia e deben de adaptarse á guía docente que esté vixente nese curso académico. Non se conservarán as calificacións obtidas en cursos anteriores nin da parte teórica nin da parte práctica da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000