Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Dereito financeiro e tributario II: Xestión tributaria e sistema fiscal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Os contidos das leccións maxistrais, que teñen que ser completados de xeito autónomo polo alumnado, serán obxeto de avaliación na proba final xunto coas demáis competencias avaliables. Valorarase a asistencia e participación do alumnado 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C9
C14
D2
Estudo de casos O exame final terá unha parte práctica na que se tratará de avaliar as competencias do alumnado para identificar as distintas cuestións da materia e razoar motivadamente as solucións aplicables, así como desenvolver as competencias da materia.

O alumnado que participe na metodoloxía aprendizaxe-servizo poderá acadar ata un vinte por cento da cualificación, en función da resolución das cuestións plantexadas
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C9
C14
D2
Exame de preguntas obxectivas Durante o desenvolvemento do curso, realizaranse probas de coñecemento para que o alumnado teña a oportunidade de coñecer o nivel de comprensión e dominio da materia. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C9
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos das leccións maxistrais, que teñen que ser completados de xeito autónomo polo alumnado, serán obxeto de avaliación na proba final xunto coas demáis competencias avaliables. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C9
D2
Debate A participación activa do alumnado, tanto nas leccións maxistrais como no estudo de casos e nas demáis actividades programadas, será obxeto de avaliación positiva 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C9
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade de exame:

 1.- O alumnado que se someta a avaliación continua
será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final
(60%), probas de resposta curta ou test (10%), seminarios (10%) e
aprendizaxe-servizo (20%, nos casos nos que se participe desta metodoloxía.
Noutro caso, a valoración das probas de resposta curta e dos seminarios,
duplicaráse). 

 Na proba final, o exame de teoría escrito supoñerá
o 80% e o práctico escrito, supoñerá un 20%. 

 En todo caso, a alumna/o deberá acadar unha
cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en
conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. De
non acadar dita nota mínima, a cualificación que se reflectirá na acta será a
correspondente á do exame teórico e práctico. 

 

Os alumnos de avaliación continua asistirán
regularmente a clase (en calquera caso, non pode superar de non asistencia máis
dun 10% das clases).

 

2.- O alumnado que NON se somete a avaliación
continua, ou que quede excluídos do devandito sistema

 A súa cualificación estará integrada polo 80% da
cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da cualificación obtida no
exame práctico escrito, sendo este último diferente ao que realicen os
alumnos/as de avaliación continua. 

 Segunda oportunidade de exame:

 1.- No exame de xullo só se realizará unha proba
final, que constará de duas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán
un ou varios casos prácticos) e unha teórica escrita (na que se formularán
distintas preguntas sobre o temario da materia).

 

2.- O alumnado que se sometera ao sistema de
avaliación continua conservará a nota que obtivese no curso, e que representará
o 40% da súa calificación total 

 O 60% da nota restante provirá da mencionada proba
final. Na devandita proba final, o exame de teoría escrito suporá o 80% da nota
e o práctico, por escrito, suporá un 20%. 

 En todo caso, a/o alumna/o deberá acadar unha nota
mínima de 4 sobre 10 nesa proba final para que se lle teñan en conta as
cualificacións obtidas mediante o sistema de evaluación continua. De non acadar
dita nota mínima, a cualificación que se reflectirá na acta será a
correspondente á do exame teórico e práctico.

 3.- Para o alumnado que non se sometera a avaliación
continua, ou que quedara excluído do devandito sistema: a súa cualificación
estará integrada polo 80% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20%
da cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último diferente
ao que realicen os alumnos de avaliación continua.

 4.- Ao alumnado que se sometera ao sistema de
avaliación continua e non superase a proba final nin na primeira oportunidade
de exame nin na segunda, conservaráselles a nota obtida a través de devandito
sistema durante o curso académico seguinte, sempre que a alumna/o manifeste o
seu acordo.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA

 O exame da convocatoria de Fin de carreira será unha
proba teórico-práctica escrita, cuxa cualificación será o 100% da nota. A
cualificación estará integrada polo 80% da cualificación obtida no exame
teórico e o 20% da cualificación obtida no exame práctico. Non se terá en conta
en ningún caso a avaliación continua do ano anterior.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000