Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Dereito financeiro e tributario I: Institucións e fontes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Nas clases prácticas presenciais proporase ao alumnado a realización de distintas actividades, como casos prácticos ou resolución de problemas ou exercicios. Estas actividades só serán avaliadas se o alumnado se somete a avaliación continua.
Ademais, valorarase especialmente a participación activa da alumna/o, tanto nas clases maxistrais como nas devanditas clases prácticas.
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
C5
C8
C9
C14
D1
D2
D4
D5
D6
Exame de preguntas obxectivas Probas de resposta curta ou test realizadas polo alumnado de avaliación continua 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
C5
C8
C9
C14
D1
D2
D4
D5
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final que consta de dúas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica escrita (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia) 60 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
C5
C8
C9
C14
D1
D2
D4
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame.
Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes
que conforman cada lección.


Primeira oportunidade de exame: 

1.- Ao comezo do curso, o alumnado deberá manifestar a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal
fin, o profesorado da materia proporcionaralle un documento que o alumnado deberá cubrir e asinar nun determinado plazo.
Este documento será vinculante, de modo que o alumnado que non o asine NON poderá, con posterioridade, durante ese
curso académico, cambiar de sistema de avaliación. 

2.- O alumnado que se someta a avaliación continua será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba:
proba final (60%), probas de resposta curta ou test (20%) e estudo de casos (20%). Na proba final, o exame de teoría escrito
supoñerá o 80% e o práctico, por escrito, supoñerá un 20%. En todo caso, a alumna/o deberá acadar unha
cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o
sistema de avaliación continua. De non acadar dita nota mínima, a cualificación que se reflectirá na acta será a
correspondente á do exame. 

3.- O alumnado que NON se somete a avaliación continua: a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación
obtida no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame práctico, sendo ambos diferentes aos que realicen os
alumnos de avaliación continua, no que se avaliarán todas as competencias. 

4.- A proba final de avaliación, tanto para o alumnado de avaliación continua como non continua, realizarase na data e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2021/2022, empregando a plataforma de teledocencia Moovi e o Campus Remoto.

Segunda oportunidade de exame: 

1.- No exame de xuño/xullo, o alumnado que se acolleu ao sistema de avaliación continua só realizará unha proba final, que
constará de duas partes escritas: unha práctica (na que se resolverán un ou varios casos prácticos e que supoñerá o 20% da
calificación correspondente á proba final) e unha teórica (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da
materia, supoñendo o 80% da calificación correspondente á proba final). 

2.- O alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua conservará, exclusivamente para a segunda
oportunidade de exame, a nota que obtivo ao longo do curso. 

3.- Para o alumnado que NON se someta a avaliación continua, a súa calificación final estará integrada polo 70% da
calificación obtida no exame teórico e o 30% da calificación obtida no exame práctico escrito, sendo ambos diferentes ao
que realice o alumnado de avaliación continua. 

4.- A proba final de avaliación, tanto para o alumnado de avaliación continua como non continua, realizarase na data e hora  especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2021/2022, empregando a plataforma de teledocencia Moovi e o Campus Remoto.

5.- O alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua e non supere a proba final nin na primeira oportunidade
de exame nin na segunda, poderá solicitar que se lle conserve a nota obtida no sistema de avaliación continua no curso
académico seguinte (2022-2023) 

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA 

No exame de Fin de Carreira non se terá en conta a nota de avaliación continua que o alumnado, no seu caso, obtivera no
curso académico anterior. A súa nota final, nesa convocatoria, estará integrada polo 70% da calificación obtida no exame
teórico e o 30% da calificación obtida no exame práctico. O exame de Fin de Carreira realizarase na data e hora
especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade, empregando a plataforma de teledocencia Moovi e o Campus Remoto.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000