APRENDIZAXE SERVIZO (ApS) Esta materia está dentro do plan de promoción da Aprendizaxe Servizo na Universidade de Vigo promocionado pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación. A actividade de Aprendizaxe servizo (ApS) é voluntaria, permitíndose que só 5 alumnos ou alumnas poidan realizala. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, elixirase por expediente. A forma e prazos para adherirse ao plan serán indicados con tempo suficiente polos profesores O ApS supón o desenvolvemento dunha serie de actividades polo grupo, guiadas en todo momento polos profesores. O alumnado poderá obter até un máximo de 1,5 puntos e estará exento da realización de parte das actividades de avaliación continua (estudo de casos). A adhesión a este plan supón a renuncia á cualificación desas actividades exentas. NOTA FINAL. É requisito indispensable para sumar a parte de avaliación continua (resolución de problemas de forma autónoma) polo menos sacar un 4 sobre 10 puntos no exame final. 2ª CONVOCATORIA A forma de avaliación na convocatoria de xuño é a mesma que en xaneiro. a) Non existe posibilidade de mellorar a nota da parte de avaliación continua para a convocatoria de xuño, xa que se trata de actividades programadas ao longo do curso. b) Si a materia non é superada nesta convocatoria, o alumno ou alumna deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso |