Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Prácticas externas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas de forma autónoma Parte das prácticas consisten en ver como o alumnado xestiona as mesmas, tanto nos contactos coas entidades, a xestión da documentación en tempo e prazo, a utilización de medios telemáticos e ofimáticos para a concreción da súa estadía de prácticas, etc.
Prácticum, Practicas externas e clínicas A estimación horaria para o desenvolvemento das prácticas establécese en virtude do esquema marcado pola Guía de Titulación do Grao, onde se indica que a materia de “Prácticas” contempla a realización de 12 créditos ECTS, equivalendo cada crédito a 25 horas de traballo do alumnado, repartidos da seguinte maneira: 12 créditos ECTS x 25 horas = 300 horas, coa seguinte distribución horaria:
1. 200 horas de presenza na entidade de prácticas, preferiblemente en sesións matinais de 5 horas (9:00-14:00 horas) de luns a venres, para o período docente do segundo cuadrimestre (máximo de 8 semanas). Contémplase a posibilidade de realizar as horas tamén con algunha parte en traballo remoto ou virtual.
2. 50 horas de elaboración da memoria de prácticas por parte do alumnado (diario de tarefas desenvolvidas ao longo de todos os días de prácticas).
3. 50 horas de xestión de prácticas (titor, alumnado, FUVI, entidade).
Cartafol/dossier Nesta metodoloxía se valorará a capacidade do alumnado para a elaboración dunha memoria final sobre as súas prácticas, que non obstante non será unha evidencia de traballo obrigatoria.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000