Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Financiamento autonómico e local
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nas clases prácticas presenciais proporase ao alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, etc. Estas actividades só serán avaliadas se o alumnado se somete a avaliación continua. Ademais, valorarase especialmente a participación activa da alumna/o, tanto nas clases maxistrais como nas devanditas "clases prácticas". 10 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C21
C39
D1
D2
D5
D8
D9
Aprendizaxe-servizo Avaliarase a participación do alumnado no proxecto ApS. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C21
C39
D1
D2
D5
D8
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final que consta de dúas partes: unha práctica (na que o alumnado terá que demostrar a adquisición das competencias esenciais da materia) e unha teórica (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia) 60 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C21
C39
D1
D2
D5
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse probas de resposta curta e tipo test exclusivamente ao alumnado que se someta ao sistema de avaliación continua 10 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B5
C21
C39
D1
D2
D5
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O temario que figura no apartado de contidos
constitúe unha versión resumida das leccións que serán
obxecto de exame. Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle
ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que
conforman cada lección.

Primeira oportunidade de exame:

1.- Ao comezo do curso, o alumnado deberá manifestar a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, o profesorado da materia proporcionaralle un documento que o alumnado deberá cubrir e asinar nun determinado plazo. Este documento será vinculado, de modo que o alumnado que non o asine NON poderá, con posterioridade, durante ese curso académico, cambiar de sistema de avaliación. O alumnado de avaliación continua asistirá regularmente a clase.

2.- O alumnado que se someta a avaliación continua será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final (60%), probas de resposta curta ou test (10%), seminarios (10%) e actividades voluntarias de ApS (20%). Na proba final escrita, o exame de teoría supoñerá o 80% e o práctico supoñerá un 20%. En todo caso, a alumna/o deberá acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. De non acadar dita nota mínima, a cualificación que se reflectirá na acta será a correspondente á do exame. 

3.- O alumnado que NON se somete a avaliación continua: a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame práctico, sendo ambos diferentes aos que realicen os alumnos de avaliación continua, no que se avaliarán todas as competencias.

4.- A proba final de avaliación, tanto para o alumnado de avaliación continua como non continua, realizarase na data, hora e lugar especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2021/2022.

Segunda oportunidade de exame:

1.- No exame de xuño/xullo, o alumnado que se acolleu ao sistema de avaliación continua só realizará unha proba final, que constará de duas partes escritas: unha práctica (na que se resolverán un ou varios casos prácticos e que supoñerá o 20% da calificación correspondente á proba final) e unha teórica (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia, supoñendo o 80% da calificación correspondente á proba final).

2.- O alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua conservará, exclusivamente para a segunda oportunidade de exame, a nota que obtivo ao longo do curso.

3.- Para o alumnado que NON se someta a avaliación continua, a súa calificación final estará integrada polo 70% da calificación obtida no exame teórico e o 30% da calificación obtida no exame práctico escrito, sendo ambos diferentes ao que realice o alumnado de avaliación continua.

4.- A proba final de avaliación, tanto para o alumnado de avaliación continua como non continua, realizarase na data, hora e lugar especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2021/2022.

5.- O alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua e non supere a proba final nin na primeira oportunidade de exame nin na segunda, poderá solicitar que se lle conserve a nota obtida no sistema de avaliación continua no curso académico seguinte (2022-2023)


CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA

No exame de Fin de Carreira non se terá en conta a nota de avaliación continua que o alumnado, no seu caso, obtivera no curso académico anterior. A súa nota final, nesa convocatoria, estará integrada polo 70% da calificación obtida no exame teórico e o 30% da calificación obtida no exame práctico. O exame de Fin de Carreira realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade.

METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL 
 

NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE: 

1. O alumnado matriculado na modalidade semipresencial comprométese co equipo docente a seguir un réxime de "avaliación continua semipresencial", que implica a participación presencial ou virtual nas actividades que o profesorado deseñe para a dita modalidade.

2. A modalidade semipresencial supón a avaliación continua da aprendizaxe do alumnado. A tal fin establécese con carácter xeral, que a proba final obrigatoria terá lugar de modo presencial na data e hora establecidas no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade, supoñendo o 60% da nota global. Este exame final estará integrado por unha proba teórica e unha proba práctica escritas. O 40% restante corresponderase coa avaliación continua, que pode realizarse ben a través de medios virtuais (empregando a plataforma Moovi) ou ben asistindo ás sesións prácticas presenciais distribuidas ao longo do cuatrimestre.

3. O alumnado que non participe en máis do 80% das actividades “de avaliación continua semipresencial propostas polo profesorado, será avaliado nun 100% en función dos resultados obtidos na proba final teórico-práctica.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000