Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Habilidades na procura de información, en relación con fontes de información primarias e secundarias, incluíndo o uso de computadores para procuras en liña |
B2 |
Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada |
B10 |
Compromiso coa eficacia e a eficiencia do traballo do sector público e outras entidades |
B12 |
Compromiso coa responsabilidade e a honestidade no desempeño laboral público e privado |
B13 |
Compromiso cos Dereitos humanos, a igualdade, a xustiza e o desenvolvemento sustentable. |
C1 |
Coñecer o marco xurídico-legal das administracións públicas españolas |
C6 |
Coñecer o funcionamento institucional e as principais políticas públicas da Unión Europea |
C9 |
Entender o papel das administracións públicas no proceso das políticas públicas e aplicar o método de análise |
C22 |
Adquirir os elementos básicos das habilidades directivas e de relacións humanas |
C30 |
Ser capaz de interactuar e desenvolverse nun determinado contexto laboral, público ou privado e aplicar os coñecementos e destrezas específicos adquiridos nas diferentes materias. |
C31 |
Capacidade de definir e elaborar un traballo orixinal (individual ou en grupo) seguindo as orientacións dun profesor/autor/ a. Capacidade de presentación e defensa pública ante un tribunal académico do TFG (formulación, achados e resultados) |
C34 |
Capacidade de formulación de problemas, análises de solucións e desenvolvemento de prácticas entre actores multinivel |
C36 |
Reflexionar sobre os valores éticos públicos e as consecuencias xurídicas comportamentos antixurídicos |
C40 |
Comprender o funcionamento das democracias contemporáneas, o comportamento político e as súas ""culturas políticas"" |
D1 |
Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos |
D4 |
Habilidade para a resolución independente de problemas en relación con información cualitativa e cuantitativa |
D9 |
Capacidade para o razoamento crítico creativo e o autocrítico |
D10 |
Capacidade de liderado (disposición a asumir responsabilidades) e de delegación de responsabilidades no manexo de grupos de traballo |
D11 |
Vocación de servizo público e compromiso ético |