Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Metodoloxía e técnicas de investigación social aplicadas ás administracións públicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas O traballo desenvolvido co apoio do profesorado, en relación coas actividades requiridas e no prazo establecido, utilizarase na avaliación desta materia. 10 A3
B5
C28
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de avaliación das competencias adquiridas, que inclúen preguntas relativas aos contidos impartidos nas sesións maxistrais, nas sesións de resolución de problemas e nos seminarios. 60 A1
A2
A4
B5
C28
D4
Traballo Tarefas que o alumnado debe desenvolver de forma autónoma e que son obrigatorias para superar a materia. 30 A1
A3
A5
B1
B6
D4
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OBSERVACIÓNS XERAIS:

Esta materia divídese en dúas partes, de modo que cada unha delas terá un peso do 50% na nota final:

  • A primeira parte comprende os temas 1-3 e impartirase na primeira metade do cuadrimestre. Ao seu término, e co obxectivo de facer a avaliación desta primeira parte da materia, o/a estudante que entregara os exercicios de prácticas propostos (avaliación continua), poderá realizar un control presencial dos contidos conceptuais e teóricos impartidos. Con esta proba obterá a nota desta parte da materia quedando, de selo caso, pendente ata a 2ª convocatoria.
  • A segunda parte abarca os temas 4-6 e impartirase na segunda metade do cuadrimestre. Poderase seguir unha avaliación continua (coa realización das actividades e traballos que se propoñan, así como do exame desta parte) ou unha avaliación con un único exame final.

Para aprobar esta materia na convocatoria de maio-xuño, terán que superarse de maneira independente cada unha das partes, segundo o baremo establecido para a avaliación. Nese caso, se se superan ambas as partes, a nota final será a media das mesmas. Se só se supera unha das partes, a nota final será a cualificación da parte non superada. Se non se supera ningunha das partes, a nota final será a media das mesmas.

Para a convocatoria de xullo e sucesivas, empregaranse os mesmos criterios que para a convocatoria de maio-xuño, excepto o relativo á avaliación continua.

Se houbese cualificacións parciais, poderían manterse para a convocatoria de xullo, previa consulta co/a docente responsable, pero non se manterían para futuras convocatorias.

METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL

Resúmese a continuación a metodoloxía e avaliación da materia nesta modalidade:

a) Aprendizaxe co apoio do titor/a (apoio docente, foros de dúbidas por temas): 40 horas, peso do 0% na avaliación.

b) Exames e tarefas de avaliación: 10 horas, peso do 60% na avaliación.

c) Resolución de problemas e traballos realizados de forma autónoma: 100 horas, peso do 40% na avaliación.

Ler con atención e en caso de dúbida consultar co profesorado responsable da modalidade semipresencial: Silvia Pérez Freire (1ª parte da materia, silviapf@uvigo.es) e Pilar García Soidán (2ª parte da materia, pgarcia@uvigo.es).

NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE:

  1. O alumnado matriculado na modalidade semipresencial comprométese co equipo docente a seguir unha avaliación continua semipresencial, que implica a participación presencial ou virtual nas actividades que o profesorado deseñe para dita modalidade.
  2. A modalidade semipresencial establece a avaliación das dúas partes en que está dividida a materia de forma independente. A mediados do cuadrimestre realizarase unha primeira avaliación presencial voluntaria, nunha aula da Facultade de CCSS e da Comunicación, dos contidos impartidos, e farase entrega dos exercicios de prácticas propostos. De non acollerse a esa avaliación parcial da primeira parte da materia na data estipulada, o alumnado deberá asistir ao exame presencialmente na data, hora e aula fixada no calendario oficial do Centro, ao termo do curso. A avaliación da segunda parte da materia será igual que na modalidade presencial.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000