Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Dirección de fotografía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-
19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no
momento en que as administracións e a propia institución o determinen
atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a
docencia nun escenario non totalmente presencial.
Estas medidas xa planificadas
garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun
xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación)
polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e
institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Non se contemplan modificacións nas metodoloxías docentes coa única salvedade
de que os contidos teóricos poderán ser impartidos de xeito non presencial e os traballos adaptados as condicioóns asociadas ao protoclo de uso de material audiovisual vixente.
Os mecanismos non presenciais de atención ao alumnado (titorías) serán o
despacho virtual do campus remoto no horario indicado e o correo electrónico.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non se contemplan modificacións nos sistemas de avaliación máis aló da
posibilidade de que algunha das probas de avaliación teñan que realizarse de xeito
non presencial.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000