Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Dirección de fotografía
   Competencias
Código Descrición
B3 Aplicar técnicas e procedementos da composición da imaxe aos diferentes soportes audiovisuais, a partir do coñecemento das leis clásicas e dos movementos estéticos e culturais da historia da imaxe.
B6 Traballar en equipo e comunicar as propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio.
B7 Asumir riscos expresivos e temáticos, aplicar solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos
C10 Deseñar a posta en escena, iluminación e dirección de actores dunha produción audiovisual.
C16 Coñecer e aplicar as tecnoloxías audiovisuais (fotografía, cinema, radio, televisión e multimedia) en función das súas capacidades expresivas.
C18 Capacidade para levar a cabo a gravación, composición, edición e postproducción de produtos audiovisuais.
C20 Escribir con fluidez guións para os diferentes formatos audiovisuais
C21 Coñecer e aplicar as técnicas e procesos de produción e realización audiovisual nos formatos e soportes contemporáneos.
D1 Comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
D2 Comunicar por oral e por escrito na legua galega.
D3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
D4 Adaptarse aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000