Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame final. Proba escrita na que o alumnado terá que demostrar a adquisición dos contidos teóricos do curso e unha boa competencia lingüística en galego 25 A1
B4
B7
C1
D2
Resolución de problemas Entrega de prácticas de escrita. O profesor especificará as actividades prácticas que son avaliables. Ó longo do curso iranse valorando as actividades escritas (exercicios, pequenos traballos, informes sobre os traballos tutelados) que se vaian entregando.
20 A1
B4
B5
C1
D2
D3
D4
Seminario Valorarase o traballo previo do grupo encargado de preparar o tema do seminario; a claridade e orixinalidade da presentación e a participación activa da clase despois da exposición, en particular as preguntas, suxestións e comentarios que se fagan. 20 A1
B5
B7
D1
D2
D3
Traballo tutelado Traballo de curso. Escolla dun tema relacionado con algún dos contidos da materia e elaboración grupal dun traballo de análise que será presentado de xeito oral na aula.
Valorarase o proceso de investigación e o resultado final. Terase en conta a forma e presentación externa (grafismo, ilustracións), a organización, as fontes e referencias usadas, a calidade dos argumentos e o coidado da lingua.
30 A1
B4
B7
C1
D2
Prácticas de campo Gravación de audio ou vídeo relacionado co traballo tutelado ou co seminario. 5 B5
B7
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Farase una avaliación continua a través do seguimento
do alumno nos traballos da aula a través da exposición de traballos e a
realización de probas. Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia
escrita e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000