O obxectivo principal desta materia é transmitirlle ao alumno a importancia da Documentación no
desenvolvemento da actividade dos profesionais da Comunicación, encádrese esta no campo da
Información, a Ficción ou a Persuasión. E ao mesmo tempo, proporcionarlles as técnicas documentais
necesarias para o seu traballo futuro diario, coñecendo e manexando as fontes de información básicas que
lles permitan contrastar datos e informacións.