Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
A2 |
Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro dos contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo |
A3 |
Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos |
A4 |
Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades |
A5 |
Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo |
B3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para o exercio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
B4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemetno e orientadas ao ben común |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómica e cultural da sociedade |
C5 |
Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas |
C6 |
Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación |
C9 |
Ensaiar e avaliar planteamentos de ensino disciplinarios ou interdisciplinarios en contextos educativos reais, e promover achegas de mellora en relación cos resultados obtidos |
C10 |
Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas |
C14 |
Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos |
D3 |
Traballar de xeito autónomo e con iniciativa |
D6 |
Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares |
D9 |
Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados |
D10 |
Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente |